A causa pola que eu quero dar a coñecer ou se xa a coñecedes aportar o meu punto de vista é o que pasa coa papeleira ENCE na ría de Pontevedra. A fábrica colocóuse na ría de Pontevedra durante o mandato de Franco. A concesión que tiña remataba no 2018. A fábrica contamina unha barbaridade, e consume gran cantidade de auga, facendo a comparativa cunha cidade duns 70.000 habitantes como é Pontevedra, ENCE consume o dobre de auga que a cidade enteira ó dia. Por se non fora pouco o goberno perdooulle máis do 80% dos impostos que deberían pagar polos vertidos e o consumo de auga. Vendo todo esto, que sentido ten o que fixeron? En 2013 o goberno de Mariano Rajoy nun acto de protección absoluta do medio ambiente na ría tomou a decisión de prorrogar a concesión de ENCE ata 2073, 60 anos. Creo que non hai máis que dicir, son máis importantes os beneficios monetarios que a ría e a saúde da xente que vive na ría.
Aquí unha vista aérea da papeleira
No hay comentarios:
Publicar un comentario