O ordenador non o uso moito, para algún traballo e despois, fóra deso pois non lle dou moito mais uso. Algunha tarde que chove e o encendo para pasar o rato navegando na rede, escoitando música, xogando, etc..
Co smartphone xa estou bastante máis vinculado, ó despertar xa o collo para apagar a alarma e miro as notificacións, despois polo día durante o curso non o uso moito tempo seguido, xa que ás mañáns estou en clase e as tardes si estou estudando ou cos amigos non vou estar só co móbil. Aínda así ten un uso notable e cada pouco tempo miro as notificacións, mando algúns whatsapps, xogo a algún xogo e algunha cousa máis. Despois na casa si non estou facendo nada pois si que me entreteño usando o móbil.